Boiro: o IES “Praia de Barraña” participa o xoves 9 de maio no Día de Europa dentro do certame Euroscola

  • Organízao a Oficina de Información do Parlamento Europeo

Boiro, 6 de maio de 2013. Os alumnos de 1º de Bachillerato do IES Praia Barraña de Boiro participan no concurso Euroscola (organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo). Estes rapaces están elaborando unha iniciativa para celebrar o 9 de maio, este vindeiro xoves, o Día de Europa. O concurso proporciona a oportunidade extraordinaria de viaxar a Estrasburgo a participar no Programa Euroscola do Parlamento Europeo na súa sede gala.

Dentro desta iniciativa fixeron diferentes entrevistas a personalidades da comarca da Barbanza para analizar a relación de Boiro con Europa dende o punto de vista económico, político, social, cultural e tamén educativo. Todo o proxecto está recollido no blogue ticboiro2013.blogspot.com que será enviado ao devandito certame. Como parte final do proxecto, este xoves 9 de maio ás 11:30 horas da mañá, os alumnos realizarán unha pequena “performance” na praza do concello, á que todo aquel interesado está invitado a asistir.

Nas imaxes, os alumnos preparan a performance do xoves

Leave a comment